jueves, 1 de junio de 2017

Práctica con escornabots: taboleiro de fútbol

_ Primera versión: cada escornabot deberá introducirse na portería contraria. Cada tirada dependerá do número que saquemos co dado.
_Segunda versión: Colocaremos unha pelota no centro do campo e segundo o número do dado intentaremos collela e levala á portería contraria. se choca contra o outro escornabot, este roubaríalle a pelota e seguiría co obxectivo de introducilo na portería contraria.
_Terceira versión: tendo contadores colocados polo taboleiro,intentaríamos chegar á portería contraria nunha soa xogada.
_Cuarta versión: polo taboleiro estarán diferentes xogadores que segundo a súa cor terá unha puntuación diferente. Polo que o obxectivo será tirar os máximos xogadores posibles para sumar a maior puntuación.
_ Quinta versión: xogar a chocar os escornabots.
_ Sexta versión: cabaleiros medievais cunha lanza. Colocaremos os escornabots colocados enfronte pero nunha fila diferente.